Sé benvido, benvida ao Ciclo Formativo de Grao Medio de Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble do IES Melide. O noso Ciclo acolle a alumnado non só da comarca de Melide, senón de todas as partes de Galicia. Coñece as nosas instalacións, o noso programa e vías de acceso, observa o traballo en directo, e non deixes de poñerte en contacto con nós.
VOCABULARIO DA MADEIRA EN LINGUA DE SIGNOS
O noso Ciclo crea un glosario da madeira pioneiro en Galicia que será distribuído a todos os centros educativos
Marzo, 2021.
Trátase dunha vella aspiración do Ciclo de Madeira do IES Melide, precisamente porque non existe o suficiente material didáctico que permita integrar o alumnado xordo no mundo da madeira, e no noso centro esa necesidade é sentida desde hai anos.
Coa coordinación da nosa profesora de Lingua de Signos, Lola Corzo, logramos publicar en formato visual arredor de 200 vocábulos técnicos da nosa profesión, de tal maneira que ofrecemos a todos os centros educativos galegos e a todas as persoas que traballan neste marabilloso mundo da madeira, tecnicismos en galego, castelán... e lingua de signos.
Trátase dunha iniciativa que non se desenvolvera en Galicia aínda, e por ese motivo chamou a atención dos medios de comunicación e de entidades que teñen que ver coa profesión.
O resultado deste proxecto pode verse clicando na imaxe.

O NOSO CICLO NA WEB ESPECIALIZADA "BALONES DE MADERA"
Con motivo da divulgación do noso vocabulario da madeira en lingua de signos, esta web fíxase no noso centro
Marzo, 2021.
Trátase dunha páxina web especializada no mundo da madeira e, especificamente, na súa didáctica. O obxectivo principal da súa referencia é divulgar o proxecto trilingüe galego-castelán-lingua de signos que divulgamos hai apenas uns meses, pero a visita virtual ao noso Ciclo é aproveitada para ensinar todo o que estamos facendo.
Pódese acceder á páxina clicando na imaxe.

O CICLO DE MADEIRA DO IES MELIDE EN LA VOZ DE GALICIA
En especial, o vocabulario trilingüe da madeira
Marzo, 2021.
Pódese acceder á noticia clicando na imaxe.

O CERNE DIVULGA AS ACTIVIDADES DO NOSO CICLO
O periódico da Terra de Melide fíxase especialmente no noso vocabulario da madeira trilingüe galego-castelán-lingua de signos
Marzo 2021.
Clicando na imaxe accédese á noticia.
Clicando na imaxe accédese á noticia.
19 DE NOVEMBRO ÁS 18:15 pasa polo noso IES para levar un moble con deseño, de calidade e a bo prezo; feito polo alumnado do Ciclo de Carpintería. SORTEO DUN MOBLE ENTRE OS ASISTENTES.
ACTO DE ENTREGA DE MATERIAIS
FERRETERÍA NOGUEROL
3 de xullo de 2012 (En virtude do convenio asinado entre o IES Melide e a empresa) |