Cales son os requisitos para acceder a un ciclo de grao medio como o do IES Melide?
WEB DE FP DA CONSELLERÍA
Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:
De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao medio superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos. Para iso é preciso cumprir dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Que título se obtén ao superar un ciclo formativo?
Superando un ciclo de grao medio obterase o título de técnico ou de técnica, mentres que superando un ciclo de grao superior obterase o título de técnico ou técnica superior.
Os títulos de formación profesional son o instrumento para acreditar as cualificacións e as competencias propias de cada un deles e asegurar un nivel de formación, incluíndo competencias profesionais, persoais e sociais para favorecer a competitividade, a empregabilidade e a cohesión social.
Que hai que facer para matricularse nun ciclo de formación profesional?
Débese presentar unha solicitude de matrícula no centro educativo que ofreza as ensinanzas. O período ordinario de matrícula vai desde o 17 de xuño ao 2 de xullo, e o extraordinario desde o 1 ao 12 de setembro.
- Posuír o título de graduado en educación secundaria.
- Posuír o título de técnico dun ciclo formativo de grao medio de formación profesional.
- Posuír o título de técnico auxiliar.
- Posuír unha titulación universitaria ou equivalente, para efectos académicos.
- Ter aprobado o segundo curso de bacharelato unificado polivalente (BUP) ou ter un máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.
- Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
- Ter superado o terceiro curso do plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
- Ter superados outros estudos declarados equivalentes, para efectos académicos, con algúns dos anteriores.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.
De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao medio superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos. Para iso é preciso cumprir dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Que título se obtén ao superar un ciclo formativo?
Superando un ciclo de grao medio obterase o título de técnico ou de técnica, mentres que superando un ciclo de grao superior obterase o título de técnico ou técnica superior.
Os títulos de formación profesional son o instrumento para acreditar as cualificacións e as competencias propias de cada un deles e asegurar un nivel de formación, incluíndo competencias profesionais, persoais e sociais para favorecer a competitividade, a empregabilidade e a cohesión social.
Que hai que facer para matricularse nun ciclo de formación profesional?
Débese presentar unha solicitude de matrícula no centro educativo que ofreza as ensinanzas. O período ordinario de matrícula vai desde o 17 de xuño ao 2 de xullo, e o extraordinario desde o 1 ao 12 de setembro.
Descarga aquí a información relacionada co CICLO DE FABRICACIÓN Á MEDIDA E INSTALACIÓN DE CARPINTERÍA E MOBLE impartido no IES Melide:
|
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Fai click na imaxe para descargar o documento elaborado pola Consellería: |